Galegas Dixitais recala o 10 de xaneiro en Meis, Pontevedra

venres, 5 de xaneiro do 2024 S. P.

O programa de formación tecnolóxica para mulleres Galegas Dixitais comezou o ano con novas actividades formativas nos concellos, itinerantes e innovadoras. Trátase dunha serie de obradoiros cos que introducir ás participantes en competencias dixitais básicas e avanzadas con vistas á posta en marcha de iniciativas de emprendemento. A nova parada será no concello de Meis (Pontevedra), no Local Municipal do Camiño da Gándara (Feira do Gando). A actividade desenvolverase entre o 10 de xaneiro e o 21 de febreiro, en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.
Os obradoiros veñen da man de Beproject e ARA Formación. Galegas Dixitais é un programa financiado por fondos Next Generation da UE e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A iniciativa inclúe cursos gratuítos dirixido a mulleres de tres módulos con 40 horas cada un. As asistentes recibirán un portátil de regalo e o título oficial acreditativo. Abordaranse cuestións como as competencias dixitais básicas e avanzadas para a actividade empresarial e profesional.
Para máis información cómpre visitar a web www.galegasdixitais.es ou chamar aos números 604 03 95 75 e 886 20 37 63.

PUBLICIDADE