GPUL remata a nova edición dos seus Labs cunha introdución a Flutter
martes, 22 de maio do 2018
Este
24 de maio remata no viveiro de empresas Accede Papagaio da Coruña a
serie de conferencias, obradoiros e charlas de GPUL Labs do Grupo
de Programadores e Usuarios de Linux, máis concretamente a serie
deste 2018, que
anunciamos en febreiro deste ano dende Código Cero salientando
os seus obxectivos fundamentais (crear máis recursos libres,
mellorar os que xa hai e, tamén, acrecentar a gran comunidade galega
de usuarias e usuarios) e o seu carácter multidisciplinar (cunha
manchea de cuestións a tratar e dirixÃndose a estudantes e
profesionais dos máis variados eidos de actividade).
A
sesión desta semana, titulada Introdución a Flutter será
impartida por Fernando Souto, desenvolvedor de aplicacións
móbiles en MOBGEN. Fernando, segundo puidemos saber, fará unha
introdución a Flutter, un framework libre desenvolvido por
Google que nos pode axudar na xeración de aplicacións móbiles en
múltiplas plataformas dunha forma sinxela e rápida. Neste obradoiro
realizarase unha introdución práctica á dita contorna de traballo
desenvolvendo de maneira colaborativa un exemplo práctico. Quen
queira participar xa pode inscribirse na páxina
de Meetup do evento.