GMX.es, novo servizo de correo electrónico gratuíto

martes, 16 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que desexen un enderezo de correo electrónico flexible, fiable e con moita capacidade teñen unha nova oferta gratuíta no mercado, GMX (Global Mail Exchange), que vén de chegar a España como unha ferramenta cun grande número de funcións prácticas que permiten aforrar tempo.
Este novo servizo de correo electrónico tamén con sistemas de protección contra virus informáticos e correo lixo, reducindo ata un 98% o spam. A súa capacidade é de 5 Gb, e permite recibir e xestionar as mensaxes de correo que veñan doutas contas (Yahoo!, Gmail ou Hotmail) a través dun Colector de correos, e tamén está accesible a través de POP3, IMAP e web (incluso cunha interface optimizada para dispositivos móbiles).
O correo de GMX conta na actualidade con máis de 11 millóns de contas de usuario, e o servizo que se ofrece para a España está baseado en servidores hospedados en Alemaña por parte de United Internet, compañía responsable deste servizo.

PUBLICIDADE