GAIN entrega o xoves 21 os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño

xoves, 7 de decembro do 2023 S. P.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) vai entregar o vindeiro xoves 21 de decembro os cuartos Premios Galicia de Innovación e Deseño. A gala celebrarase ás 18.30 horas no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. O acto será, en palabras de GAIN, unha homenaxe para todos os finalistas e unha celebración dos gañadores e gañadoras seleccionados por profesionais de recoñecido prestixio nas seis categorías do certame, tres por cada premio.
O obxectivo destes premios é recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.
Candidatos Premios Galicia de Deseño
Profesionais: Álvaro Valiño, Tomás Alonso e Uqui Cebra.
Talento emerxente: Amalia Puga, Borja Regueiro e Ismael Velo.
Empresas: Ascensores Enor, Costa Comunicación Visual e Visual MS.
Candidados Premios Galicia de Innovación
Pequena e mediana empresa: Centum Research & Technology, Mecanizados Rodríguez Fernández e Texas Controls).

PUBLICIDADE