GAIN entrega o 20 de decembro en Santiago os III Premios Galicia de Innovación e Deseño

venres, 25 de novembro do 2022 S. P.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza o vindeiro mes a cerimonia de entrega da terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Estes galardóns, que serán entregados o martes 20 de decembro ás 19.00 horas no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), son unha iniciativa da Xunta de Galicia (GAIN) para “recoñecer o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño”.
O xurado estivo integrado por profesionais de recoñecido prestixio. O resultado do seu traballo foi a selección das e dos seguintes finalistas:
-Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:
• Compañía Española de Algas Marinas (CEAMSA).
• Puentes y Calzadas.
• Unvi Carroceros.
-Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:
• Alen Space.
• Centum Research&Technology.
• Little Electric Car España.
-Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector:
• Costa Comunicación Visual.
• Isaac Piñeiro Meira.
• MMASA.
-Talento emerxente: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos:
• Raquel Fernández Caamaño.
• Roberto Costas Fernández.
• Sara Regal Alonso.
-Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:
• Hifas da Terra.
• Unvi Carroceros.
• Vertifil Industrial.
-Traxectoria innovadora: empresarios/ as e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

PUBLICIDADE