GAIN celebra este martes un evento sobre a transformación da nosa industria pesqueira

luns, 17 de abril do 2023 S. P.

O Círculo de Empresarios de Galicia acolle este 18 de abril ás 9.15 horas un encontro profesional arredor da transformación tecnolóxica do noso sector pesqueiro e marisqueiro. Organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) ao abeiro do seu Programa de Impulso á Innovación das Pemes, o Evento Conecta Mar. A innovación da industria ten a misión de achegar as novas ferramentas e recursos aos diferentes axentes que forman parte do sector en Galicia.
Para iso, durante a xornada expoñeranse as tendencias do sector e as solucións máis innovadoras do momento. As persoas interesadas en participar e facer networking poden inscribirse a través dunha ligazón específica en Eventbrite.es.
A actividade dará comezo ás 9.30 horas, coa recepción de asistentes. A continuación comezarán os relatorios A cadea mar-industria, garantía de futuro e máis O futuro da alimentación e o seu impacto no sector pesqueiro. A continuación virá a mesa redonda Solucións innovadoras no sector pesqueiro, seguida dunha pausa para o café e o networking. Logo, sobre o mediodía, será a quenda do relatorio Novas iniciativas para dinamizar as pemes (Conecta Mar Piloto). A sesión rematará cun acto de peche a cargo do conselleiro de Economía e vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde. A xeira rematará cunha nova sesión de networking.

PUBLICIDADE