GAIN, Xesgalicia e o CDTI celebran un webinar sobre instrumentos de apoio á innovación

mércores, 3 de xuño do 2020 S. P.

Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, nunha imaxe de Bioga

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), Xesgalicia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) celebran o vindeiro venres 5 de xuño un seminario online para presentar as principais axudas e novidades nos instrumentos de apoio destas entidades. A xornada, que arrincará ás 11 horas, incluirá a presentación das principais axudas que teñen vixentes actualmente GAIN e Xesgalicia, as novidades nas liñas de financiamento de CDTI, así como a presentación do programa NEOTEC de CDTI, que busca apoiar a creación e consolidación de novas empresas de base tecnolóxica en España (e ten aberto o prazo até o 30 de xuño).
Tamén se darán a coñecer os detalles do EIC Accelerator Pilot, un instrumento do Consello Europeo de Innovación dirixido a financiar e apoiar proxectos con potencial de creación de mercado de novas empresas e pequenas e medianas empresas. Os asistentes poderán formular preguntas aos relatores mediante chat. As persoas interesadas en inscribirse no webinar, poden atopar o programa do evento e o formulario de inscrición na sección eventos da web da Axencia Galega de Innovación.

PUBLICIDADE