G-Maps permitirá a navegación GPS dende o iPhone

luns, 9 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que durante o lanzamento do iPhone 3G deixasen claro que o GPS integrado non permitiría a navegación á que estamos afeitos con outros móbiles e receptores de GPS, esta posibilidade abrirase grazas ao traballo de Xroad, empresa norteamericana que xa lanzou un navegador GPS para o iPhone ao outro lado do Atlántico, e que prepara agora a súa comercialización europea para os primeiros meses do ano.
A aplicación G-Map para o iPhone dispón de varios modos de navegación, non esixe cotas mensuais para o seu funcionamento (como outros servizos semellantes para móbiles) e incorpora os mapas na propia aplicación (o que lle permite funcionar fóra de liña).
O prezo da versión europea desta aplicación podería ser duns 15,99 euros, aínda que están sen confirmar o prezo e a data de lanzamento.


Vídeo de demostración do funcionamento de G-Maps

PUBLICIDADE