Fring permite oficialmente acceder a Skype dende o iPhone

luns, 6 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os uso de aplicacións de VoIP no iPhone parecía algo limitado aos usuarios que liberaban o seu terminal, pero Fring, o servizo de balde de voz sobre IP que xa funcionaba no móbil de Apple de xeito non oficial dende o pasado mes de abril, vén de incorporarse á App Store, de xeito que calquera iPhone ou iPod Touch 2G pode aproveitar este servizo que tamén está dispoñible pata terminais con Windows Mobile ou Symbian para contactar con amigos e coñecidos integrándose con aplicacións coma Skype, SIP, MSN, Google Talk, ICQ, Twitter, Yahoo! E AIM.
Fring é así a primeira aplicación para o iPhone que de xeito oficial permite acceder ás contas de Skype (se nos conectamos a través de Wi-Fi, pois esta función non se pode empregar a través de redes 3G) para facer chamadas de voz (que entre usuarios de Skype é de balde).
A ferramenta ten como principal limitación que ten que estar aberta para poder recibir chamadas, xa que Apple non permite que as aplicacións desenvolvidas co seu SDK funcionen en segundo plano.


Así explican dende Fring o seu salto ao iPhone

PUBLICIDADE