Francisco Ros considera que os concellos non deben das acceso á Internet mediante Wi-Fi

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Durante unha entrevista concedida a PortalTIC.es, Francisco Ros, secretario de Estado para a Sociedade da Información, comentou que considera «un erro» que os concellos pretendan converterse en operadores de telefonía con investimentos en redes de telecomunicacións sen fíos de acceso gratuíto, e pensa que «o que teñen que facer os concellos é facilitar recursos para despregar redes, porque cando un concello quixo ser un operador o que inicialmente foi un éxito converteuse logo nun fracaso».
Estes comentarios serían coherentes co parecer doutros organismos estatais, que tradicionalmente veñen pondo atrancos ás prestación de servizos de acceso á Rede por parte dos concellos.

PUBLICIDADE