Francisco Bellas, do CITIC, premiado no congreso Robot’2019 en Porto

mércores, 27 de novembro do 2019 Redacción

Francisco Bellas, investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (o CITIC) participou no congreso Robot’’2019 (Fourth Iberian Robotics Conference) que se desenvolveu entre os días 20, 21 e 22 de novembro no Instituto Superior de Engenharia do Porto (ISEP). O investigador presentou dous papers, un dos cales resultou finalmente premiado, e organizou unha sesión especial sobre robótica educativa.
Esta sesión especial centrouse na presentación de novos proxectos educativos e experiencias levadas a cabo con robots en educación primaria, secundaria e superior.
O traballo premiado foi Artificial Intelligence Teaching through Embedded Systems: A Smartphone-Based Robot Approach.
Robot’’2019, congreso organizado pola Sociedade Portuguesa de Robótica (SPR) e a Sociedade Española para a Investigación e Desenvolvemento en Robótica (SEIDROB), segue o tres edicións anteriores da Iberian Robotics Conference celebradas en Madrid en 2013, Lisboa 2015 e Sevilla 2017. Así, o obxectivo principal deste novo evento foi continuar os esforzos precedentes para mostrar achados recentes en sistemas intelixentes e o desenvolvemento de novas aplicacións na Península, aínda que a conferencia está aberta a presentacións procedentes de calquera país.

PUBLICIDADE