Francia regulará a comercialización de móbiles para cativos

luns, 12 de xaneiro do 2009

O ministro francés Jean-Louis Borloo anunciou que están a preparar unha regulación que impida a publicidade de teléfonos móbiles dirixida a nenos de menos de 12 anos á vez que prohibirán totalmente a venda de terminais deseñados para nenos de ata 6 anos.
Incluso están a estudar a posibilidade de obrigar a que todos os móbiles vendidos en Francia inclúan auriculares para reducir o risco de exposición a radiación das cabezas dos usuarios.

PUBLICIDADE