Fotolog supera os 20 millóns de usuarios

venres, 22 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do Fotolog dunha moza viguesa

A rede de bitácoras fotográficas Fotolog superou os 20 millóns de usuarios e os 600 millóns de imaxes, o que supón a confirmación de que esta rede social trunfa grazas ao doado que fan a publicación de fotografías e a comunicación entre amigos e coñecidos.

Imaxe dun dos distintos fotologs melidenses

Este servizo ten moi éxito especialmente entre mozos, que publican imaxes do seu tempo de lecer (sendo moi habitual atopar fotografías de festas ou de xente de marcha), e o seu crecemento é bastante rápido (en novembro de 2007 tiñan 13 millóns de usuarios).
Fotolog incorporou nos últimos meses melloras como a ampliación do tamaño máximo das imaxes (que pasou de 1 a 8 Mbytes), estrou versión móbil e tamén potenciou a súa versión de pago.
En España é a segunda rede social en número de usuarios, e en Galicia tamén goza de moitísimo éxito, con usuarios repartidos por toda a nosa xeografía, en con especial actividade durante os meses de verán.

PUBLICIDADE