Flickr incluirá vídeos

luns, 6 de agosto do 2007

Un dos servizos de hospedaxe de imaxes na Internet, Flickr, actualmente propiedade de Yahoo, incluirá vídeos en breve, no que parece un ataque a YouTube, aínda que en realidade responda máis a unha demanda dos seus usuarios, que xa non só toman fotografías coas súas cámaras, senón que tamén gravan algún vídeo, e así poderán compartir tódalas súas imaxes a través dun único servizo.
Así, dende Yahoo pretenden “construír un destino moito mellor para acceder a todo tipo de contidos”, segundo declarou Mike Folgner, no que sería a proclamación oficial desta característica da que xa se viña falando dende o pasado mes de maio.

PUBLICIDADE