SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Fixan unha compensación para os usuarios prexudicados polo Antennagate

luns 20 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 23.3 KB
A colocación dun protector de goma no iPhone 4 solucionaba os seus problemas de recepción

A chegada ao mercado do iPhone 4 veu acompañada por unha polémica coñecida como Antennagate e que xiraba ao redor de problemas de recepción nos terminais por mor do deseño da súa antena, o que inicialmente Apple solucionou ofrecendo un protector de goma para o móbil de balde, o que parece non ter convencido ao varios cidadáns norteamericanos que levaron o caso ante a Xustiza, concluíndose finalmente que os reclamantes poderán ter ou un dos protectores aos que rexeitaron inicialmente ou 15 dólares en compensación.
O iPhone 4S non presenta os problemas de recepción de antena, e dado que os fallos co iPhone 4 só tiveron repercusións serias para un número moi limitado de consumidores (en Europa os problemas de recepción considerábanse insignificantes), temos que esta polémica foi moi esaxerada. Cómpre destacar que só poderán aproveitar o reembolso de 15 dólares (ou un bumper de balde) os que rexeitaran inicialmente a compensación ofrecida por Apple.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS