AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Firefox 3.5: máis de cinco millóns de descargas e subindo

xoves 2 de xullo do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O Firefox 3.5, dispoñible en galego dende o seu lanzamento mesmo (o martes 30 de xuño), vai cara a adiante coma un tren sen freos. Segundo se apunta na Rede dous días despois do intre en que se poñía a disposición da comunidade internauta mundial, o novo navegador de Mozilla xa foi alén dos 5 millóns e medio de descargas, e cunha cota de uso en vivo de arredor do 2,5% (e medrando). Este máis que salientable respaldo á nova achega da ferramenta aberta, que inclúe melloras importantes no seu motor e no tratamento da memoria (emprega menos capacidade do computador) vén dado en boa medida pola alta valoración que os usuarios da Rede lle dan ao seu sistema de plugins e extensións e á alta rendibilidade que incorpora en materia de rapidez.
A tenor de datos extraídos da web habilitada por Mozilla para amosarlle ao mundo en tempo real a cifra de descargas, downloadstats.mozilla.com, todo apunta a que ao longo da xornada do xoves 2 de xullo a devandita porcentaxe irá alén dos 6 millóns. Por certo que da cifra contabilizada até o de agora, máis de 5 millóns, uns 150.000 clicks foron efectuados dentro do territorio estatal.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS