AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Fíltranse á Rede detalles da nova cámara 3D doméstica de Panasonic

martes 27 de xullo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Panasonic presentou o ano pasado en Las Vegas o seu novo sistema profesional para a produción audiovisual en 3D, pero esta tecnoloxía vai achegarse ao mercado de consumo,k ou iso entendemos despois de que aparecese na Rede a documentación que explica as características da cámara de vídeo Panasonic SDT750, que contará cun sensor 3MOS de 7,59 Mpíxeles, estabilizador de imaxe óptico, lente Leica Dicomar, modos de disparo intelixentes, son 5.1, arranque rápido, pantalla táctil de 3 polgadas, gravación en modo time lapse, modo de disparo de alta velocidade (ata 50 fotogramas por segundo) e compatibilidade con tarxetas SDXC, que grazas a un conversor frontal é capaz de obter 2 imaxes independentes tomadas dende distintos ángulos, o que logo serve para recrear unha imaxe estereoscópica sempre que teñamos un televisor Panasonic Viera compatible coas 3D.
Pese ao potencial desta cámara para a toma de gravacións e imaxes, o seu prezo non parece que vaia ser desorbitado (fálase duns 1.900 euros), o que permitirá a democratización das 3D, aínda que non estea nada claro aínda se esta tecnoloxía van calar no mercado.
ACTUALIZACIÓN (28-7-2010): Panasonic presentou oficialmente a nova cámara e fixa o seu prezo en 1.399,95 dólares.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS