Filtran o contrasinal de máis de 3.800 contas de Tuenti
venres, 11 de decembro do 2009
Advirten
de que máis
de 3.800 contas de usuarios activos de Tuenti veñen de seren filtradas xunto co
seu contrasinal, no que parece ser un caso de phishing que lembra á recente publicación
de milleiros de contas de correo de Hotmail (filtradas por mor de
que contaban cun contrasinal no feble).
Dende Tuenti están a reaccionar á situación conxelando as contas afectadas (remitindo
información por e-mail de cómo proceder para a súa reactivación cun novo
contrasinal), pero habería que lembrar aos usuarios vítimas da filtración que
cambien os contrasinais do seu correo electrónico e doutros servizos web no
caso de que coincidisen cos que empregaban en Tuenti.
Ícaro Moyano, director de comunicación de Tuenti, asegura que en
menos de hora e media lograron protexer as contas afectadas e dar de
baixa as páxinas web fraudulentas que suplantaban a Tuenti para captar os datos
de acceso dos seus usuarios.