Filtran á Rede un par de actualizacións de Windows Vista en fase de probas

martes, 31 de xullo do 2007

Microsoft repartiu entre usuarios de proba unha beta do Windows Server 2008 e un par de actualizacións para Windows Vista que veñen de ser filtradas á Rede, pese a estar nunha fase prematura. Estas actualizacións están a ser moi ben recibidas, xa que melloran a compatibilidade con moitas tarxetas gráficas, o rendemento de xogos e aplicacións cun uso intensivo dos gráficos, a reprodución de vídeo en alta definición, o funcionamento de Internet Explorer con certas barras de ferramentas de terceiros instaladas, a estabilidade en equipos que se actualizaron dende Windows XP e a xestión de memoria, entre outras cousas.
Supomos que os usuarios de Vista estarán ansiosos en ver cómo se proban estas novas funcionalidades para a súa incorporación no sistema de actualizacións automáticas do seu sistema operativo.

PUBLICIDADE