Ferrol-Ortegal estrea unha televisión IP de promoción turística

venres, 30 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Paula Vázquez foi a mestra de cerimonias da presentación da nova telelvisión IPA sala de actos do stand de Galicia en FITUR acolleu esta maña unha presentación organizada polo Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol-Ortegal, que contou coa presentadora de televisión ferrolá Paula Vázquez como mestra de cerimonias, quen inaugurou a Televisión IP Ferrol-Ortegal, que pretende ser unha fiestra ao mundo que permite amosar distintos contidos que sirvan para promover a zona de Ferrol-Ortegal coma destino turístico incluso en tempadas distintas da estival.
Ata o momento esta nova páxina web presenta 9 vídeos repartidos en 4 categorías (institucional, deportes na natureza, cultura, gastronomía e etnoloxía) que están programados para a súa reprodución automática coma se fose unha canle de televisión temática, aínda que tamén permite a súa visualización á carta. Os clips de vídeo están en formato Quicktime cunha resolución de 512 x 384 píxeles, o que sería comparable ás emisións de televisión tradicional.
Esta nova canle preséntase como a primeira televisión en Internet con contido esencialmente turístico, e parece unha plataforma axeitada para dar a coñecer a oferta de produtos turísticos da rexión galega que aproveitou o FITUR 2009 para chegar a un público moi amplo.

PUBLICIDADE