Fernando Suárez participa no impulso dun selo internacional de calidade para todas as especialidades da Informática
mércores, 21 de maio do 2014
O presidente do Colexio
Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia, Fernando
Suárez Lorenzo, participou na posta en marcha e constitución
oficial da Comisión de Acreditación EURO-INF, un aval certificativo
para TÃtulos de grao e Máster en Informática. Este selo de
calidade vén da man da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e
a Acreditación (ANECA) e abrangue todas as especialidades de
Informática, tendo alcance internacional (está afianzado nunha
ducia de paÃses) e achegando unha serie de vantaxes importantes para
os profesionais deste ámbito (axiliza e moito o seu potencial de
mobilidade académica e profesional).
Desde a pasada semana,
Suárez Lorenzo -en representación do Consello de Colexios de
Enxeñeiros en Informática- é
o vicepresidente da devandita comisión. No seu cargo, o
presidente do CPEIG terá os seguintes cometidos: liderará e
moderará as xuntanzas; coordinará, xunto coa secretaria, o traballo
da comisión; asignará os expedientes a avaliar, indicará o relator
e avaliador de cada tÃtulo; revisará todos os informes de xeito
previo e posterior á xuntanza de consenso e asinará os informes
para a obtención do selo.