Feedburner integrará Google AdSense
luns, 2 de xuño do 2008
- A novidade foi avanzada polo blog de Feedburner
O popular servizo
Feedburner, que sostén boa parte dos fluxos RSS de blogs de todo o mundo, vai a
incorporar
finalmente o sistema de publicidade AdSense de Google (empresa que adquiriu o
servizo hai un ano) o que permitirá rendibilizar a lectura de RSS
por parte de millóns de usuarios que consultan contidos dende fóra das súas
páxinas web orixinais.
A popularidade dos RSS fixo que moitos blogs e webs reducisen as súas achegas
económicas a través de AdSense e outras plataformas publicitarias, pero agora poderán
retomar esta fonte de ingresos grazas á novidade que se incorporará
a Feedburner esta semana (o que tamén pode levar a moitas webs a adoptar esta
plataforma de distribuión de RSS).