Facebook renova o seu sistema de Eventos

luns, 3 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os novos Eventos de Facebook poden ter distintos niveis de privacidade

Os cambios en Facebook nas últimas semanas non paran de chegar, e tras un cambio de orientación das Páxinas, agora mudan os Eventos, que agora pódense crear de xeito directo e sinxelo dende a icona de Eventos dos perfís de usuario ou dende o menú lateral esquerdo de Facebook, rematando o proceso en 3 pasos, nos que hai que subministrar a información relativa ao acontecemento programado, como a súa descrición, data e mesmo xente convidada, sendo posible definir se queremos que un evento sexa público ou privado.
Os eventos creados antes do pasado sábado conservarán as súas características, pero os novos entrarán neste novo formato que pretende animar a convocatoria de eventos a través de Facebook.

PUBLICIDADE