Facebook prepárase para competir con Wallapop
luns, 3 de outubro do 2016
A grande
masa de usuarios de Facebook fai que esta plataforma teña moita forza á hora de
ampliar o seu negocio a ámbitos que vaian máis aló das redes sociais puras, e
agora ousan a introducirse nun mercado ao que pertencÃan alleos: o da
compra-venda.
Dende Facebook eran conscientes de que a compra-venda era frecuente dentro de
certos Grupos, e por iso decidiron lanzalo como unha funcionalidade nativa, dando
a coñecer o seu novo Marketplace, unha plataforma moi cómoda para
descubrir, mercar e vender elementos entre persoas na proximidade, e que nos
vindeiros dÃas comezará a espallarse entre usuarios de EE.UU., Reino Unido,
Australia e Nova Zelandia que accedan a Facebook dende iPhone e Android, para
chegar logo a outros paÃses e tamén para a versión de escritorio de Facebook.
O Marketplace abre con fotografÃas de elementos postos á venda nas nosas
proximidades, de xeito que podemos exploralos por categorÃas ou mediante
buscas, sendo posible definir o rango de busca e incluso saltar entre distintas
cidades. Cando atopemos algo que nos interese poderemos picar sobre a súa imaxe
para ver os detalles do produto e do vendedor, podendo tanto gardar o produto para
consultalo máis adiante, mandar unha mensaxe directa ao vendedor ou realizar
directamente unha oferta polo produto, manténdose polo momento Facebook
totalmente fóra do procedemento de pagamento e entrega dos produtos.
A posta á venda de produtos é moi sinxela, xa que os usuarios simplemente terán
que achegar unha fotografÃa (tomando unha fotografÃa ou collendo a imaxe entre
as que ten no móbil), introducir un nome de produto, unha descrición e un
prezo, confirmar a localización e seleccionar a categorÃa, co que faise público
o anuncio do produto á venda, convertendo Facebook nun mercado móbil que parece
chamado a competir con Wallapop, pero coa vantaxe de que a meirande parte dos
perfÃs de usuario corresponden á cara pública de persoas ben identificadas,
polo que contarÃa cun plus de
confianza á hora de realizar operacións de compra-venda.