Facebook podería estar a preparar a súa contrapartida aos hashtags

venres, 15 de marzo do 2013 Marcus Fernández

The Wall Street Journal comenta que Facebook vai continuar a súa guerra contra Twitter, e tras potenciar a súa cronoloxía estaría agora a buscar unha solución que permitise posicionarse como unha alternativa aos hashtag de Twitter, para aproveitar o pulo que teñen para agrupar conversas por temática, que tanto éxito está a ter incluso durante a emisión de programas de televisión (nos que Twitter gaña cada día máis peso), o que puido verse claramente durante as pausas publicitarias da retransmisión da Super Bowl, nas que a metade dos anuncios incluían algún hashtag para fomentar a interacción nas redes sociais.
En Facebook estarían a preparar unha funcionalidade semellante aos hashtags que ao premer sobre o elemento correspondente permitise amosar todas as entradas de temas similares ou eventos, o que serviría para organizar conversas ao redor de temas do momento, o que serviría para reter aos usuarios máis tempo dentro de Facebook. Este tipo de función tamén poderían ter moita importancia no contorno móbil, onde Twitter ten unha mellor posición que Facebook.

PUBLICIDADE