AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Facebook podería estar a piques de mercar Twitter

martes 3 de marzo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 33.6 KB
Peter Thiel co-fundou PayPal e actualmente é un dos directivos de Facebook

O directivo de Facebook, Peter Thiel, recoñeceu nunha entrevista para Business Week que a súa compañía está moi preto de pechar un acordo de compra polo servizo de microblogging Twitter (que actualmente está a empregarse por moitos usuarios en conxunción con Facebook, polo que son unha mestura ideal).
Na actualidade están a negociar o prezo da operación, pero houbo certos altibaixos provocados polos cambios na valoración de Facebook por parte do mercado, o que levou a Facebook a ter que facer unha oferta de 500 millóns de dólares na que 100 millóns serían en efectivo (o resto, en accións) para o que Twitter quere impor certas condicións, aínda que hai que recoñecer que a conxuntura económica actual tamén complica as negociacións, pois as estimacións de ingresos por publicidade destas plataformas poderían quedar en nada, de aí que algúns poidan entender a venda de Twitter como unha ganga mentres que outros o valoren como unha operación de risco.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS