Facebook permite responder aos comentarios por correo electrónico

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A plataforma de redes sociais Facebook permite recibir por correo electrónico notificacións de comentarios na súa plataforma web, cunha ligazón para poder respondelos, pero ante a problemática de non poder acceder á web de Facebook cando estamos movéndonos ou no traballo, veñen de engadir a posibilidade de responder aos comentarios directamente por correo electrónico, o que agradecerán especialmente os usuarios móbiles de trebellos como os BlackBerry.
As respostas feitas por correo electrónico tamén estarán dispoñibles vía web, aínda que sorprende que Facebook realice esta mellora no seu servizo que podería reducir o número de visitas vía web (o que posiblemente compensen pola incremento da actividade dos usuarios grazas a dotalos de máis canles de interacción).

PUBLICIDADE