Facebook permite felicitar os aniversarios a través de historias

xoves, 9 de maio do 2019 Marcus Fernández

O feito de que Facebook lembre aos usuarios os aniversarios dos seus amigos é unha funcionalidade que xera un elevado nivel de interacción, e hoxe mesmos van incrementar as posibilidades desta funcionalidade casándoa cun formato que están a esforzarse en potenciar: as historias. Deste xeito, agora é posible que os achegados dun usuario que estea de aniversario poidan engadir tarxetas dixitais de felicitación, fotografías e vídeos a unha historia para celebrar un ano máis de vida dun xeito atractivo visualmente e divertido.
Para facer os aniversarios máis especiais podemos agora premer na notificación correspondente, escoller unha imaxe ou vídeo para o seu uso a xeito de tarxeta de felicitación (que incluso poderá integrar un adhesivo con música) para que esta mostra de bos desexos poida incorporarse á historia de aniversario dun amigo, creando un carrusel personalizado para a ocasión.

PUBLICIDADE