Facebook pelexa por ofrecer música en liña, de balde e sen descarga
mércores, 22 de outubro do 2008
Segundo vén de informar o xornal
estadounidense New York Post, o fundador da rede social Facebook, Mark
Zuckerberg, está a negociar con varios sitios de Internet que ofrecen música
por “streaming” a cambio de publicidade tales como Rhapsody.com, iLike.com, Lala.com ou iMeem.com para entrar pola
porta grande no negocio da música dixital e engadir este tipo de servizos ao
seu portal de entretenemento.
Sabedor de que a música é un dos contidos máis
demandados na Rede, este recoñecido empresario pretende engadirse á iniciativa
levada a cabo por outros sitios como MySpace (que o mes
pasado anunciou o lanzamento dunha división musical) máis, neste caso,
Facebook non vai permitir que os usuarios descarguen as cancións no seu
ordenador, senón que as poidan escoitar de balde sen sair do portal e sen
posibilidade de descarga.
O xornal estadounidense afirma, asemade, que
algúns executivos da rede social se reuniron con membros de varios selos
discográficos para tratar de chegar a un acordo, máis aínda se descoñece a data
do lanzamento do servizo.