Facebook non celebrará eventos multitudinarios até xuño de 2021
xoves, 16 de abril do 2020
Anualmente
Facebook celebra un encontro chamado Oculus Connect, que en 2020 terÃa que
chegar á súa sétima edición, e que serve como un dos principais escenarios para
amosar os avances en realidade virtual por parte da compañÃa de referencia no
sector, pero este ano a cousa vai mudar, e confirman que o Oculus
Connect 7 será un evento puramente dixital en previsión de que os riscos
pola COVID-19 aÃnda poidan existir á volta do verán.
A organización decidiu dar prioridade á saúde e seguridade dos desenvolvedores
e empregados, de xeito que a cidade de San José quedará sen un grande encontro,
e para paliar o impacto económico desta cancelación dende Facebook
comprométense a achegar medio millón de dólares a entidades que atendan aos
residentes da zona.
O propio Mark
Zuckerberg fixo un comunicado indicando que están a traballar para
facilitar que a volta dos seus empregados ás oficinas poida realizarse con
seguridade, polo que están a tomar medidas e a planificar un retorno por fases,
de xeito que primeiro incorporaranse os traballadores esenciais que non poidan
desenvolver axeitadamente as súas tarefas dende o fogar, e logo irán sumando ao
resto de persoal dun xeito moi lento.
Consideran que, dado que durante os vindeiros meses non está previsto de os cativos
teñan actividades escolares nin campamentos de verán, non prevén que un bo
número de traballadores non vaia reincorporarse ao traballo presencial até,
como mÃnimo, despois do verán. E no que aos eventos se refire, cancelan todas
as actividades presenciais que involucren a máis de medio cento de persoas até
xuño de 2021. Tampouco permitirán viaxes de traballo até a mesma data.