Facebook muda o xeito de amosar as actualizacións dos nosos amigos

mércores, 21 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Nas últimas horas Facebook mudou de xeito importante, de xeito que, tras mellorar o sistema de listaxes de amigos e incorporar a posibilidade de subscribirse a actualizacións de usuarios que non sexan os nosos amigos (e que faciliten tal posibilidade), cambia a súa páxina principal de xeito que, antes de amosar en orde cronolóxica inversa as actualizacións dos nosos amigos, destaca as que considera máis importantes, procurando que se non consultamos as actualizacións dos nosos coñecidos constantemente non perdamos información relevante que doutro xeito perderíase no fluxo de novas.
Facebook incorpora un recadro con actualizacións en tempo realFacebook busca así que as novas no seu sistema teñan un comportamento semellante a un xornal, no que aparecen certos elementos en portada. Tamén incrementan o tamaño das fotografías que aparezan entre as novas, para facilitar a súa visualización e, para rematar os cambios, incorporan un recadro flotante que mantense na parte superior dereita da pantalla que busca achegar información en tempo real (posto que as novas destacadas chegan con certa demora), facilitando o uso de Facebook para establecer conversas vivas cos nosos coñecidos.


Vídeo de presentación das últimas novidades en Facebook

PUBLICIDADE