Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Facebook fará máis doado o control dos contidos compartidos

mércores 24 de agosto do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 64.9 KB
Cando nos etiqueten nunha fotografía deberemos aprobar se queremos que a fotografía correspondente apareza no noso perfil

Facebook anunciou unha serie de melloras na xestión da privacidade á hora de compartir publicacións, fotografías, etiquetas e outros contidos na súa plataforma, o que supón un cambio visual para que as distintas opcións que limitan quen pode ver o que compartimos estará máis visible, facilitando a xestión da nosa privacidade.
O perfil de usuario amosa información como o noso lugar de nacemento ou as nosas fotografías, e agora será doado ver con quen compartimos estes elementos sen ter que dar moitos pasos. Ata o momento, cando alguén nos etiquetaba nunha fotografía, esta aparecía automaticamente no noso perfil, pero agora deberán pasar por un proceso de aprobación pola nosa banda. O proceso de aprobación tamén se aplicará ás fotografías que compartamos en Facebook, de xeito que poderemos revisar as etiquetas que realice nas mesmas outro usuario.

JPEG - 36.3 KB
Poderemos saber cómo ven o noso perfil outros usuarios

Os perfís tamén amosarán a posibilidade de comprobar cómo verían o noso perfil outros usuarios (característica que segundo a xente de Facebook estaba a ser moi demandada, e que curiosamente ten Google+ dende o seu inicio).
Á hora de compartir contidos tamén será doado indicar con quen se comparten os distintos elementos, aparecendo unha etiqueta en cada un, indicando quen pode ver cada publicación, o que polo momento é unha prestación moi xenérica pero que no futuro agardan que sirva para sinalar grupos de persoas máis reducidos cos que compartir información (outra vez seguindo os pasos de Google+).

JPEG - 18.8 KB
As nosas publicacións porán doado elixir quen pode velas

As publicacións tamén poderán xeolocalizarse, o que antes só podía facerse dende Facebook Lugares, pero que agora espállase a todo Facebook, o que suporá a paulatina desaparición de Lugares.
Estes cambios irán espallándose nos vindeiros días durante os usuarios de Facebook, buscando mellorar a súa experiencia no servizo, coidando a moi criticada política de privacidade de Facebook.

JPEG - 61.2 KB
Teremos un maior control sobre as etiquetas nas fotografías que publiquemos
JPEG - 105.7 KB
Cando nos etiqueten nunha fotografía deberemos aprobar se queremos que a fotografía correspondente apareza no noso perfil
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS