Facebook fai máis atractiva a visualización de fotografías

luns, 30 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Facebook permitiranos destacar as nosas fotografías favoritas

Dende Facebook anuncian hoxe melloras no xeito de amosar fotografías dende a súa páxina web, facendo a experiencia máis atractiva, de xeito que cando prememos na sección de fotografías do noso perfil de usuario atoparemos unha nova vista de mosaico na que as imaxes figuran máis grandes e procurando encher o máximo posible a pantalla. Podemos explorar as imaxes seguindo varios criterios: fotografías en xeral, fotografías nas que aparecemos etiquetados e álbums.
Tamén será posible destacar fotografías en concreto, picando na icona dunha estrela que aparece sobre mas mesmas, para que os nosos amigos saiban cales son as nosas favoritas. Esta mellora das imaxes en Facebook comezará en breve a espallarse por usuarios de todo o mundo, polo que é de agardar que en poucos días estea dispoñible para nós.

En breve Facebook amosará imaxes máis grandes e cunha disposición máis atractiva

PUBLICIDADE