Facebook facilitará a consulta dos contidos máis recentes

xoves, 21 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Dende Facebook están a engadir unha nova opción ao grupo de pestanas que sae na parte superior da súa páxina web e aplicación móbil, que corresponden á opción que antes coñeciamos como Máis recente e que é unha interesante alternativa á pestana de Inicio, buscando dar un maior control ao usuario sobre o que consulta en Facebook.
A nova pestana recolle as publicacións máis recentes de amigos, favoritos, páxinas e grupos, ou sexa, un espazo par ao contido máis fresco entre o preferido polo usuario, que non inclúe contido suxerido de páxinas que o usuario non segue.
A pestana da Inicio tamén muda lixeiramente, amosando o contido que consideran que pode resultar de interese para o usuario e facilitándolle tamén a creación de Reels e o descubrimento de historias. Nesta revisión Facebook pretende potenciar o descubrimento de outros usuarios cos que compartimos intereses.
As novidades mencionadas chegarán á meirande parte dos usuarios de Facebook ao longo da semana que vén.

PUBLICIDADE