Facebook estrea un novo xeito de levar os seus vídeos ao televisor

xoves, 13 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Os vídeos en Facebook cobran cada vez unha maior importancia, e conscientes diso, e das posibilidade que ofrecen trebellos que facilitan trasladar os vídeos na Rede ao televisor, dende Facebook anunciaron hoxe unha importante mellora no seu reprodutor de vídeo que están comezando a aplicar, de xeito que cando esteamos a ver un dos vídeos poderemos facer que se reproduzan no televisor a través de Apple TV, Chromecast ou outros dispositivos compatibles con Google Cast.
Esta tecnoloxía para levar os vídeos de Facebook ao televisor comeza a funcionar en dispositivos con iOS e na versión web de Facebook, estando previsto que en breve funcione tamén en Android, buscando así que cando un usuario poda proxectar un vídeo do seu teléfono ou ordenador persoal ao televisor, premendo na icona con forma de televisor que aparece nunha das esquinas dos vídeos, de xeito que, mentres se reproduce o vídeo na pantalla grande o usuario pode o seu dispositivo móbil ou ordenador para comentar o que está a ver ou buscar outros contidos para reproducir a continuación. No caso de retransmisións de vídeo en directo será posible ver as reaccións e comentarios en pantalla, así como unirse á conversa reaccionado e comentando.

PUBLICIDADE