Facebook comeza a permitir as buscas nas publicacións dos usuarios

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Facebook está a mellorar a súa plataforma potenciando o seu buscador interno, que agora, en vez de procurar nas descricións de perfís de usuario, páxinas e grupos tamén fará o propio coa actividade dos estados dos usuarios, podendo buscarse só entre as publicacións dos amigos ou as de calquera usuario.
Este paso parece que querería responder á forza que tomou o buscador dentro de Twitter, para gañar así peso nas buscas de información en tempo real. Amais, de gozar de popularidade estas novas vistas, Facebook podería capitalizalas mediante publicidade.

PUBLICIDADE