Facebook chegará á Xbox 360 a semana que vén (¿e logo á PS3?)

xoves, 12 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro martes será o lanzamento oficial da nova actualización do Dashboard da Xbox 360 que integrará na consola de Microsoft o acceso a Facebook e Twitter, de xeito que os usuarios destas plataformas de redes sociais poderán achegarse ás mesmas dun novo xeito, o que pode resultar bastante atractivo para os usuarios ocasionais, que terán así unha maneira doada e atractiva de acceder aos contidos que comparten na Rede os seus amigos.
Estas prestacións levan xa varias semanas en probas, e están traducidas ao español, pero poderían non quedar limitadas á Xbox 360, pois nas últimas horas filtráronse varias imaxes da aplicación de Facebook integrada na Cross Media Bar da PlayStation 3 hospedadas en servidores web de Sony, polo que enténdese que esta nova aplicación para a PS3 podería anunciarse de xeito inminente, posiblemente para contrarrestar a actualización da Xbox 360.

Facebook integrado na XMB da PS3

PUBLICIDADE