FON faise co Premio Mundial de Tecnoloxía 2006

martes, 14 de novembro do 2006

FON, a compañía fundada polo emprendedor arxentino Martín Varsavsky, e que ten xa un ano de vida, recibiu o Premio Mundial de Tecnoloxía 2006 entregado pola World Technology Network, entidade dende a que destacaron que o recoñecemento para FON por “desenvolver un plantexamento verdadeiramente innovador, a baixo custe e viral para facer que a tecnoloxía Wi-Fi estea presente en todas partes”.
A rede de FON baséase a distribución de routers Wi-Fi subvencionados para que os seus usuarios poidan compartir os seus accesos á Internet para constituír unha rede xigante sen fíos que combinaría accesos de balde e de pago.

PUBLICIDADE