Explican cómo conectar un portátil á Rede a través dun iPhone 3G

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Imaxe dun dos pasos para utilizar o iPhone 3G para conectarse á Rede dende un portátil

O feito de que os usuarios do iPhone 3G teñan que contratar unha tarifa plana de datos móbil e que non poidan empregar tal conexión dende o seu ordenador portátil frustra a algúns, de aí que buscaran o xeito de empregar o iPhone coma módem para acceder á Rede, proceso que violaría as normas de uso da tarifa plana contratada con Movistar, descoñecéndose se esta práctica se facturaría aparte.
A técnica empregada para conectarse á Rede a través do iPhone dende o portátil consiste en instalar un proxy no iPhone 3G ao que se conecta o ordenador enlazándose mediante unha rede Wi-Fi ad-hoc, o que non é un proceso sinxelo, pois precisa liberar o terminal e dar bastantes pasos na configuración, pero resulta moi práctico para os que queiran conectarse á Internet dende o portátil en case calquera lugar e non conten cun modem 3G, quedando por ver se as operadoras tomarán medidas prácticas contra este tipo de conexións.

PUBLICIDADE