Éxito do xogo web de Águila Roja

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A serie de televisión Águila Roja é un dos grandes éxitos de TVE que destaca pola ambientación dunha pequena vila do século XVII e que vén de estrear un videoxogo multiusuario en liña de balde con elementos estratéxicos, que fai uso da típica mecánica de construír, mellor, administrar e combater, pero conseguindo unha personalidade de seu, cunha caracterización dos personaxes moi lograda e con misións relacionadas coa trama da serie televisiva (que vanse activando tras a emisión dos distintos episodios da serie) polo que estamos ante un xogo vivo que busca crear un todo co seu produto orixinal, co que crea sinerxías.
Este novo xogo web está a ser todo un éxito, pois xa superou os 130.000 usuarios rexistrados e máis de 50.000.000 páxinas vistas no seu primeiro mes e medio de vida. O seu modelo de negocio baséase na posibilidade de que os xogadores poidan adquirir melloras de pagamento, agardándose que cando menos 1 de cada 5 faga tal nalgunha ocasión, o que é unha estratexia que tamén seguen distintos xogos en liña en Corea do Sur, pero que está por ver se resulta rendible en España.