Euskaltel lanza unha tarifa converxente de 19,90 euros
venres, 23 de agosto do 2019
O
Grupo Euskaltel, no que está
integrada a
operadora galega R, vén de fortalecer a súa estratexia
comercial co lanzamento do que sería, nas súas palabras, “a
oferta máis completa do mercado das telecomunicacións no ámbito
español”. O paquete, que responde á estratexia do grupo de
brindar “o mellor do mellor pola metade da metade”, consiste en
500 Mbps, móbil ilimitado máis 20 GB, TV e teléfono fixo, por
19,90 euros.
Con
esta oferta, Euskaltel quere dar un novo paso no seu “obxectivo de
comercializar un produto forte, cunha oferta de valor para todos os
seus clientes, mantendo ao mesmo tempo as marcas consolidadas nos
seus mercados, obxectivo que constitúe un dos piares estratéxicos
da nova folla de ruta do grupo”.
A
nova oferta presentada onte ten unha duración de seis meses e inclúe
un período de permanencia de 12 meses. Euskaltel tamén deu a
coñecer que amais da devandita promoción estrela, achegarase “unha
ampla variedade de opcións de contratación de servizos, en función
das necesidades dos clientes, particulares, familias, estudantes, aos
prezos máis competitivos do mercado”.