Euskaltel acadou en 2020 récord de clientes e ingresos
venres, 26 de febreiro do 2021
O
Grupo Euskaltel fixo balance das súas contas en 2020, un ano
marcado pola pandemia e por un notábel incremento, entre a
cidadanía, de todo o relacionado cos servizos de telecomunicación
nas súas moitas e variadas modalidades. Segundo se fai saber no
reconto, o grupo, do que forma parte a operadora galega R, logrou
récord de clientes e ingresos. En concreto, aumentou un 28 % o seu
beneficio neto e conseguiu un resultado neto de 79,4 millóns de
euros (sendo 62 millóns de euros os rexistrados en 2019).
Amais,
os ingresos do grupo medraron un 1,7 % até acadar unha cifra récord
de 697,1 millóns de euros.
A
maiores, 2020, que foi o ano do lanzamento de Virgin Telco (a
división do grupo do ámbito estatal), supuxo a confirmación da
evolución da súa nova marca, “por riba de todas as expectativas
en 2020”, con máis de 71.000 novos clientes en apenas 7 meses,
superando en máis dun 50 % o obxectivo previsto para fin de 2020.
Respecto
das cifras xerais do grupo, acadou o récord dos 823.000 clientes no
mercado masivo, un 7% máis de usuarios que os rexistrados en 2019.
Por
segmentos, os servizos que máis medraron no último trimestre foron
o de telecomunicacións móbiles, con 80.000 servizos máis
contratados, e un crecemento do 7 %, e banda larga ultrarrápida, con
58.000 servizos máis que en 2019, un 10 % máis.
Os
produtos e servizos de alto valor contratados nos fogares ascenden xa
a unha cifra récord de case 3 millóns.
O
mercado de empresas presenta a maior suba de ingresos da súa
historia, aumentando de xeito significativo nun 3,3 % en 2020, e un
1,4 % na súa base de clientes, ata acadar as 16.000 empresas
clientes do Grupo.
O
informe tamén indica que o Grupo Euskaltel acadou unha cobertura de
rede de fibra óptica de máis de 23,4 millóns de fogares a nivel
estatal, tras incorporar máis de 18 millóns de fogares en 2020.