EuroNews estrea unha canle de vídeos en YouTube

xoves, 11 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A canle televisiva de novas EuroNews anunciou que vai distribuir a través de YouTube o seu espazo de novas sen narrador (No Comment) que actualmente se poden consultar dende a web da televisión e mesmo seguir mediante podcast, pero que a través do portal de vídeos de Google se converte en NoComment TV.


Vídeo promocional de NoComment TV

O espazo televisivo de EuroNews ofrece novas cunha montaxe áxil, sen narrador, e chegando mesmo a inspirar acalorados debates na Internet, pero que agora se achega á Rede podendo consultarse unha selección de novas actualicadas diariamente e que mesmo incluirá contidos que non se poderán ver na canle televisiva.
NoComment TV está achegando imaxes e son de historias que se ofrecen dende «unha perspectiva diferente (..) evitando o sensacionalismo» segundo a propia canle, que destacan por prescindir de comentarios superfluos e amosar así os feitos dun xeito máis libre, que permite ós espectador formar a súa propia opinión sobre as informacións presentadas visualmente.

PUBLICIDADE