Estréase a primeira ciberserie galega

mércores, 12 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Un grupo de estudantes de Produción Audiovisual da Escola de Imaxe e Son da Coruña está a crear o que consideran que é a primeira ciberserie galega na Rede, Oculta Identidade, que se poderá seguir dende hoxe e durante 12 capítulos a través de YouTube.
A historia está inspirada na serie de televisión Motivos Personales e ten como eixe a Cristian Pazos, un estudante que desaparece en estrañas circunstancias, e que buscarán os seus amigos.
A serie está dirixida por Bruno Nieto, quen xa dirixira a serie de 10 capítulos Nada es lo que parece, que tamén se pode ver en YouTube, aínda que neste caso se trata dunha serie gravada en español.
Para a gravación de Oculta Identidade se contou coa colaboración da Escola de Imaxe e Son, que cedeu os recursos técnicos (cámaras miniDV e material de son).
A estrea da serie estaba programada para as 21:00 horas do día de onte, pero finalmente se demorou ata a pasada madrugada por problemas técnicos. A espectación creada podería dar a entender que durante os vindeiros 3 meses captará a atención dos que queiran desvelar o misterio que se agocha na desaparición de Cristian Pazos, nunha historia da que xa podemos ver a súa primeira entrega:

PUBLICIDADE