Este venres comeza en Santiago o primeiro evento Startup Weekend que se celebra na nosa terra
mércores, 2 de xuño do 2010
Santiago, como xa avanzamos hai uns dÃas, vai acoller en breve un novo modelo de encontro profesional que ten feitura de obradoiro colectivo en liña e que vai dirixido a achegar coñecemento e habilidades para poñer en marcha unha empresa do eido TIC dende o comezo mesmo. Ou sexa, dende o intre en que é pouco máis que unha idea. O encontro Startup Weekend Galicia, que tal e como sinalamos parte do lema de aprender creando, celebrarase na sede en Santiago do Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia, a desenvolver entre os dÃas 4 e 6 de xuño.
O evento emprendedor vén da man de catro novos profesionais galegos e, segundo se sinala na páxina web de Emprendia, contará co apoio de Inberso, rede de financiamento que pon en contacto proxectos empresariais con investidores privados, e de Uninova, acubillo de empresas da USC (Universidade de Santiago).
Os obxectivos son os que avanzamos xa en Código Cero: habilitar un emprazamento idóneo para o traballo en equipo de profesionais de talento procedentes das máis diversas disciplinas para escolmar unha serie de ideas, deseñar produtos e pór en marcha empresas. A idea é chegar ao final do obradoiro con varios proxectos empresariais listos para comezar a súa andaina, proxectos que deberán inserirse nos eidos das tecnoloxÃas, a Rede 2.0 ou as aplicacións móbiles. En definitiva, na Sociedade do Coñecemento.
As interesadas e interesados en asistir deberán formalizar a súa inscrición a un prezo especial de 40 euros de facerse antes do 15 de maio, e por 50 euros de facerse despois (e ata completar aforo), incluÃndo estas cotas todas as comidas.
Esta iniciativa semella terse lanzado predicando co exemplo, pois está presente tanto en Twitter coma en Facebook, plataformas que parecen estar moi ben aproveitadas, pois pese a que estamos ante un evento inédito en Galicia, está a gozar de certa visibilidade.
Presentación do evento a través das cámaras de Correo TV