Este ano non teremos Rewind en YouTube porque 2020 non o merece

xoves, 12 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Tradicionalmente ao achegarse o remate do ano dende YouTube publican un vídeo chamado Rewind no que fan un divertido repaso do ano a través de tendencias virais, momentos significativos e numerosos acenos á cultura da Rede, pero este ano non será así segundo veñen de anunciar dende YouTube a través de Twitter.
Na última década estes vídeos eran homenaxes ao que boa parte dos usuarios de YouTube viran no ano anterior, quedando como bos recordos, algo que consideran que non é posible nesta ocasión, xa que o acontecido en 2020 non cren que sexa algo para lembrar, e que boa parte da xente prefira deixalo pasar, e precisamente por iso YouTube decidiu tomar un descanso e non gravar un Rewind este ano, evitando así as complexidades dunha gravación audiovisual en momentos tan complexos así como a posibilidade de ferir sensibilidade procurando divertir ao repasar un ano que para moitos foi dramático.

PUBLICIDADE