Estamosenelaire.com xunta a 3 populares videoblogueiros españois que se poden seguir a pantalla completa

mércores, 20 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Os videoblogs en España aínda non acadan a relevancia que teñen os EE.UU., e para paliar a situación buscan a forza na unión, de xeito que os videoblogueiros Joan Planas, Eduardo Pérez e Eduardo Collado pretende explotar ó máximo as posibilidades do seu medio xuntándose baixo o dominio estamosenelaire.com.
Así, unha mesma web permite achegarse ós videoblogs dos autores mencionados, que veñen de incorporar o StreamCast Player, un reprodutor de vídeos en Flash que permite a visualización a pantalla completa e o acceso a listaxes de reprodución coas anteriores entregas dos vlogs desta iniciativa.
Ademais, dende a mesma web tamén procuran servizos de subscrición ós videoblogs (de xeito individual e colectivo), chat e, en breve, emisións en directo.

PUBLICIDADE