Esta fin de semana 80 cines norteamericanos permitirán seguir en 3D HD un evento da NBA

venres, 12 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O cine en 3 dimensións está a revitalizar o negocio das salas de exhibición, e non se queren limitar só á proxección de películas, senón que este domingo a canle norteamericana TNT vai cubrir os eventos especiais do 2009 NBA All-Star Saturday Night en Phoenix (Arizona) de xeito que poderase seguir en alta definición 3D en 80 salas de cine repartidas por todo EE.UU. grazas á colaboración entre a NBA, Turner Sports e Cinedigm Digital Cinema Corp.
Os espectadores poderán gozar nunha sala cinematográfica dunha experiencia sen precedentes, xa que verán o espectáculo as competicións deportivas programadas para esta fin de semana (incluíndo o concurso de mates e de triplas) incluso mellor que se estivesen no propio campo de xogo, pagando un prezo por entrada bastante inferior ao dun evento deste tipo en directo (xa que os prezos das entradas para as proxeccións 3D estarán entre os 18 e os 22 dólares).

PUBLICIDADE