Espontaneas.com permite publicar inmediatamente fotografías tomadas co móbil

mércores, 20 de xuño do 2007

Espontáneas é un novo portal que permite publicar de xeito instantáneo fotografías tomadas polo móbil, pero sen ter que empregar o PC para iso, senón que se poden remitir mediante MMS ou por conexión de datos GPRS, de xeito que se consegue unha inmediatez moi interesante, aínda que conte cun atranco moi importante: o prezo das tarifas de telefonía móbil (pois o tráfico xerado polos envíos das imaxes normalmente factúrase ó usuario por parte do seu operador).
As imaxes pódense configurar coma públicas ou privadas, o que abre a posibilidades tanto profesionais como de lecer.

PUBLICIDADE