Eric Schmidt a plataforma sanitaria de Google

venres, 29 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O conselleiro delegado de Google, Eric Schmidt, presentou o servizo Google Health, do que xa se viña falando dende hai meses (e ó que Microsoft colleu a dianteira), e que pretenderá converterse nunha plataforma orientada ós servizos de saúde que irían dende os hospitais ata as farmacias (e mesmo as aseguradoras).
O sistema permite gardar rexistros sobre a saúde dos pacientes, permitindo a importación de información doutros sistemas sanitarios, así como a integración con Google Scholar, foros de discusión e outras fontes.
A potencialidade desta plataforma é moi grande, pois iría dende advertir ós pacentes de que teñen que tomar un medicamente ata aconsellar ós doutores á hora de prescribir tratamentos, pero tamén supón todo un reto para a protección de datos, polo que a súa universalización parece difícil, estando polo momento en probas pechadas nos EE.UU.

PUBLICIDADE